A CASA PÓDESE ALUGAR COMPLETA
Antiga
escola do rural galego con máis de 200 anos de antigüidade que conserva todo o
tipismo da arquitectura tradicional. A casa, restaurada a finais do 2004 conta
con tódalas comodidades de hoxe en día e atópase nun entorno
ideal para o descanso.
A casa componse de dúas vivendas:
Vivenda de seis prazas: Esta vivenda conta con tres habitacións dobres con baño, un deles
con hidromasaxe. Saliña de lectura con xogos de mesa e libros, cociña totalmente
equipada con microondas, forno, vitrocerámica, etc, e salón-comedor con lareira
de 60 metros cadrados. A casa conta con televisión, DVD, equipo musical,
calefacción central, lavadora-secadora, Teléfono e Internet Wifi.
Vivenda de catro plazas: Esta vivenda ten dúas habitacións dobres con baño, amplia cociña tamén totalmente equipada con forno, vitrocerámica, microondas, etc, e salón con lareira e forno de pedra. Esta casa tamén conta con televisión, DVD, equipo musical, calefacción central, lavadora-secadora, Teléfono e Internet Wifi.